A infancia centra a exposición que abre a programación trimestral do centro Torrente Ballester

A sala de Proxectos exhibe o traballo de Ramiro Fernández

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

“Falsas Apariencias. Miradas fragmentadas sobre a infancia” é a nova exposición do Centro Torrente Ballester. Unha exposición que presenta un contraste entre obras clásicas e contemporáneas (con soportes como pintura, vinilos, muñecas, instalación…) coa infancia como fío temático conductor. Unha vintenta de artistas exponen obras nesta mostra que inaugura a programación trimestral na que se inclúe o traballo de Ramiro Fernández na Sala de Proxectos. O video do Mes é Blue Children de Cristian Gradín Carbajal, cunha temática moi vencellada á exposición principal. A Sala Máximo Ramos exhibirá fondos do Centro agrupados baixo o título “Elas”. A programación está deseñada para que exista oferta cultural durante os vindeiros meses e para que, segundo avanzaron na rolda de presentación, o CTB teña actividade ata que se conforme o equipo que saia das vindeiras eleccións municipais.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gonzalo Torrente Ballester, Centro Torrente Ballester de Ferrol