O Torrente Ballester contará cunha revista trimestral para achegar a arte ao público

A publicación terá unha tiraxe de 20.000 exemplares

14/8/2008 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Arte
5 lecturas | Compartido 0 veces
Esta tarde preséntase ao público Torrentes, a publicación cultural asociada ao Centro Torrente Ballester de Ferrol. O número 0 ten un carácter institucional centrado en facer un repaso da actividade expositiva do último ano, ademais de avanzar o que se poderá ver na cidade ferrolá nos próximos meses. No editorial desta publicación destácase o seu interese por servir de instrumento para “implicar á cidadanía” no novo proxecto do centro que está a sufrir unha remodelación como proxecto cultural e nas vindeiras semanas abrirá unha sala destinada á fotografía.

Universo culturagalega.gal