En menos dun mes o CGAC inaugurará a primeira retrospectiva en Europa que se fai da artista brasileira de orixe italiana Anna MarÃa Maiolino. A institución, que vive un ano complicado pola reducción drástica do seu orzamento, traballa silentemente nunha programación que está pechada desde hai meses e pendente de presentar perante o padroado. Canda a exposición de Maiolino, unha mostra sobre a televisión e a obra creativa do polifacético Antón Reixa son algúns dos proxectos que están previstos para este 2011.
A colaboración institucional é unha das claves da programación do CGAC neste ano de crise, xa que compartir gastos con outras entidades é a única opción viable para facer fronte a unha reducción orzamentaria. Por iso, moitas das mostras que se exhibirán este ano teñen nos tÃtulos de crédito o selo doutras institucións (Fundació Tapies, MACBAÂ…..). Segundo as cifras publicadas nas leis de Orzamentos da Comunidade Autónoma Galega dos últimos anos, o CGAC conta para o seu funcionamento con 244.867 euros menos que en 2010 para o seu funcionamento interno (o total de 2011 ascende a 981.277 euros). Con todo, Miguel von Hafe explica que a programación definitiva está pendente de “clarificación orzamentaria” que lle permita coñecer con exactitude da partida económica da que dispón para facer fronte ás distintas actividades deste exercicio. Un conxunto de actuacións (expositivas, didácticasÂ….) que Miguel von Hafe asegura que “responderán ao proxecto co que me presentei ao concurso de méritos”. Este portuense é o primeiro director escollido por concurso público de todos cantos houbo no CGAC no que, alén do seu currÃculo, se valoraba e puntuaba o seu proxecto para un centro que no 2008 contaba cun orzamento que dobraba o actual.
Proxecto expositivo
A exposición de Anna MarÃa Maiolino servirá para achegar a Galicia o traballo dunha artista que se ten desenvolvido nunha gran variedade de medios. Malia que está perpetuamente instalada no debuxo, tense expresado a través da poesÃa, fotografÃa ou mesmo escultura cun universo temático no que o corpo adquire un gran protagonismo. Esta exposición descubrirá, non a unha gran artista mediática, pero si a unha figura imprescindible para coñecer a arte que se está a desenvolver en Latinoamérica. Maiolino foi unha voz relevante nos anos sesenta cando se inseriu na onda dun movimiento renovador da arte que puxo o acento na relación do corpo coa sociedade. Instalacións efémeras realizadas con barro destacan nesta exposición que chega da man da coprodución entre o CGAC e a Fundación Tapies. De feito, a exposición viaxa nestes momentos cara Santiago desde Barcelona, onde pechou as súas portas o pasado domingo.
Pendente da presentación do plan anual de actividades no padroado da institución, o CGAC ten previsto entre a actividade expositiva deste ano unha retrospectiva sobre o traballo do polifacético creador Antón Reixa. Unha mostra que se abrirá ao público contra o verán e que comisarÃa o propio von Hafe. Esta mostra está Ãntimamente relacionada con Estades listos para a televisión?, un proxecto que desenvolve en colaboración co MABCA e no que pretenden ollar cara a pequena pantalla desde un punto de vista diferente. Unha exposición que fala sobre a televisión, pero cando se ofrece como soporte para a arte e a filosofÃa. A mostra, compila traballos de artistas como Martha Rosler, Jean-Luc Godard, Anne Marie Miéville, Jef Cornelis, David Lamelas, Guy Debord, Pier Paolo Pasolini, Richard Serra, Carlota Fay Schoolman, Chris Burden, Andy WarholÂ…. e tantos outros que re-crearon o mundo e que pasou a historia dun xeito diferente. O proxecto chegará a Santiago polo mes de maio e conta con páxina web, conta en Twitter, unha publicación, un canal de vÃdeo Vimeo e o proxecto educativo Zero TV. A mostra conta con comisariado da galega Chus MartÃnez, vencellada ao MACBA.
Sobre fondos e outras actividades
En época de crise, os centros adoitan tirar de fondos propios para solventar programación ao tempo que dan a coñecer o seu catálogo. O CGAC non é unha excepción e a principios de ano ofrecerá unha exposición (Abstracción racional) na que o comisario Mariano Navarro revisará as obras da Colección CGAC. Un fondo que só se incrementará co que se decida mercar en ARCO (compra obrigada por mor do convenio que deposita en Santiago os fondos da Colección ARCO), xa que a Xunta reduciu o concepto para adquisición de obras de arte de 500.000 a 100.000 euros para este 2011. Ademais, von Hafe anunciou no seu momento que, para evitar criterios personalistas na selección de obras de arte a mercar, o CGAC contarÃa cun comité de compras que asesorasen e decidisen as pezas que se incorporarÃan á colección. A configuración dese equipo está pendente e haberá que agardar para ver se estará listo para o desenvolvemento de ARCO (do 16 ao 20 de febreiro).