Danan os petróglifos da Regadiña, en Corme

Varios gravados do conxunto apareceron tinxidos de azul

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Danos nos petróglifos da Regadiña. Fonte: AC Ínsua de Viastela

Danos nos petróglifos da Regadiña. Fonte: AC Ínsua de Viastela

Varios dos petróglifos da Regadiña, nas proximidades de Corme, aparecían este 27 de agosto marcados con algún tipo de tinta azul. Así o documentaba e denunciaba en redes sociais a asociación cultural local Ínsua de Viastela, quen sinala que estas marcas produciron no conxunto "un dano que pode comprometer a súa conservación e dificultar futuras tarefas de estudo e divulgación".

Para alén desta agresión vandálica, a entidade sinala tamén "o abandono evidente da contorna destes petróglifos: o panel informativo leva tempo deteriorado e sen cumprir a súa función, mentres que a vexetación -toxos e silveiras- invade o espazo, impedindo unha visita segura e cómoda a un dos enclaves máis singulares do noso patrimonio arqueolóxico".

Desde a asociación reclaman "a reparación urxente dos anos causados" así como a recuperación da sinalización, a limpeza da zona e "medidas de protección e vixilancia para evitar novos actos vandálicos".

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía

Claves

Conceptos