Marcos Dopico preside a Asociación de Deseñadores que quere potenciar o seu traballo

Elaborarán unha análise do sector estratéxico do deseño en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A asamblea xeral da Asociación de Deseñadores Galegos decidiu nomear na pasada fin de semana a Marcos Dopico como novo presidente. Ademais da renovación da cúpula directiva (Segundo Fernández como vicepresidente e Natalia Crecente como secretaria) decidiron as futuras liñas de actuación, todas elas encamiñadas a dar a coñecer o traballo deste colectivo. Para iso, a asociación elaborará un documento marco que sirva para coñecer a fondo a situación do sector do deseño en Galicia. Ademais, presentaron Acción DAG 11, unha iniciativa que sirva de escaparate dos traballos feito en Galicia neste campo e que se visibilizará a través da web e de publicacións. Este proxecto ten aberta a súa convocatoria para que os socios (créase a figura de socio nóbel para os que comezan neste sector) presenten os seus traballos.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)