A Asociación de Deseñadores renova a súa directiva

Óscar Otero é o novo presidente da entidade

15/7/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedadearte
31 lecturas | Compartido 0 veces

Óscar Otero, novo presidente da DAG. Fonte: Web de Óscar Otero.

Aínda que a renovación se realizou na asemblea do pasado 8 de xullo, foi onte cando a Asociación Galega de Deseñadores (DAG) deu a coñecer a composición da súa nova xunta directiva. Óscar Otero é o flamante presidente da entidade, e encabeza un equipo no que tamén están presentes Manuel del Río na vicepresidencia, María Agra de Tesoureira, Segundo Fernández a actuar como secretario e os vogais Suso Vázquez, Marcos Dopico e Irene García. A nova directiva prevé continuar as liñas de traballo xa abertas na asociación, entre as están consolidar e crear eventos para conseguir unha maior visibilización e debate encol do deseño, colaborar con outras entidades e asociacións do sector, favorecer a participación dos socios e reforzar as relacións coas escolas de deseño que existen no país.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas