A Cidade da Cultura abrirá de 8 a 20 horas

As visitas ao complexo serán libres a partir do día 12

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

As persoas interesadas en coñecer a Cidade da Cultura e en empregar os servizos da Biblioteca e mais do Arquivo de Galicia xa non terán que ir ao Monte Gaiás nunha visita guiada. A partir do día seguinte á inauguración do complexo, que se celebrará o vindeiro 11 de xaneiro, a Cidade estará aberta entre as oito da mañá e ás oito da tarde, e poderase acceder a ela tanto a pé como en vehículo privado ou autobús. Os interesados en empregar a Biblioteca e mais o Arquivo teñen un horario de atención ao público entre as 8.30 e as 14.30 horas, e as exposicións poderán verse entre as 10 e as 14 horas e as 16 e as 20 horas.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Arquivo de Galicia, Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia