O Biblioteca e o Arquivo da Cidade da Cultura abrirán o vindeiro 11 de xaneiro

Os edificios xa son visitables a día de hoxe, previa reserva no web da fundación

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

O 11 de xaneiro de 2011 (o 11-1-11) abre oficialmente ao público a Biblioteca e o Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia. A Xunta emitiu esta mañá un comunicado no que dá a coñecer a data pero non avanza máis detalles sobre o acto de inauguración. Os dous edificios que abren ao público xa son visitables desde novembro, cando se iniciou un programa cultural (agora mesmo pódense ver dúas exposicións “Exlibris” e a da fotógrafa Cándida Hoffer) que permite ao público coñecer os dous edificios previa cita a través do web da Fundación da Cidade da Cultura.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Unha apertura cándida

Unha exposición inaugura os primeiros edificios da Cidade da Cultura que se poderá visitar baixo petición

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Conceptos