Unha mostra bibliográfica inaugurará a Cidade da Cultura

O acto, previsto para mediados de novembro, conta cun orzamento de 226.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Unha exposición sobre Ex libris de obras galegas servirá para inaugurar a Biblioteca e o Arquivo de Galicia, os primeiros edificios da Cidade da Cultura en abrir ao público. Segundo publica hoxe La Voz de Galicia a Xunta convocou o concurso público que prevé investir 226.560 euros na organización da mostra, incluíndo vitrinas, medidas de seguridade e outros elementos. Segundo adianta este xornal, citando expedientes administrativos da Xunta, a data da inauguración será o 14 de novembro.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Arquivo de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia