O IGADI homenaxea a Fernado Pérez-Barreiro, figura relevante da tradución en Galicia

Baiona acollerá o acto de homenaxe deste referente da cultura galega na diáspora

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Ten un longo currículo, entre o que destaca tanto o seu traballo na BBC, como ser un dos integrantes e animadores do Grupo de Traballo Galego de Londres. Ademais, foi o encargado da primeira tradución ao galego dunha obra de teatro de Shakespeare e dunha antoloxía de narrativa curta chinesa moderna, Flores e leña. Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Ferrol, 1931- Lancaster, 2010) recibe este venres unha homenaxe en Baiona, nun acto organizado polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, entidade á que pertenceu como membro do Consello Asesor.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Baiona, Diáspora, Shakespeare...

Claves

Protagonistas
Entidades