Falece Fernando Pérez-Barreiro Nolla

Foi o primeiro tradutor de Shakespeare para o galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O pasado tres xaneiro falecía na súa casa de Londres o tradutor Fernando Pérez-Barreiro Nolla. Nado en 1931, a súa versión de Macbeth, publicada en 1972, foi a primeira traslación de Shakespeare para a nosa lingua. Canda a esta obra, verteu tamén para o galego narrativa chinesa ou Alicia no país das marabillas entre outras obras. O seu traballo no campo da tradución valeulle galardóns coma o Premio Plácido Castro, o Pedrón de Honra ou, en 2009, a Medalla Castelao.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Shakespeare, Castelao, Plácido Castro, Tradución...