O interese por comprender as relacións internacionais e por situar Galicia nese contexto foi o que levou un grupo de persoas encabezado por Xulio Ríos a pór en marcha a comezos dos noventa o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi). Logo de máis dunha década en funcionamento, o Igadi consolidouse coma un referente que na actualidade asesora mesmo á Xunta nestas materias.
A comezos dos noventa o mundo estaba a mudar. A crise do bloque comunista, un auxe dos nacionalismos, a apertura de novas expectativas na orde internacional creaban unha paisaxe inédita. "A necesidade de que Galicia non estivese ausente dos profundos cambios que se estaban a producir" foi segundo Xulio Ríos, actual director do Instituto, a razón que o levou a promover a creación do Igadi. "Ademais de comprender o mundo desde aquí, tratábase tamén de proxectar a Galicia nun novo contexto internacional marcado, entre outros trazos, pola emerxencia do feito nacional e que abría novos espazos de participación internacional a entidades diferentes dos estados".
A importancia da documentación
Deste xeito, Xulio Ríos comezou a traballar na posta en marcha da Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea (CIDIC) e unha hemeroteca especializada nas relacións internacionais, a partir dos seus propios intereses sobre estas cuestións, cultivados e consolidados en abondosos viaxes polas antigas repúblicas soviéticas e por Europa Oriental. Finalmente en 1991 constituíase o Igadi como tal, primeiro adoptando a forma dunha asociación cultural e despois inscribíndose tamén coma organización non gobernamental. Segundo o director do centro, "no proxecto inicial estaba a idea de pensar o mundo desde aquí e na nosa sociedade para que Galicia contase cun pensamento e cunha acción exterior adecuada ás súas necesidades estratéxicas". O desenvolvemento desa idea inicial foi intenso. "A documentación estivo na base e segue a ser un referente esencial", sinala Ríos. A partir deste elemento básico, o Instituto medrou organizando diferentes actividades e espallando a súa actuación a novos ámbitos.
Da documentación á acción
Ciclos de conferencias coma "Temas da nosa época" en 1992, trouxeron ao noso país pensadores de primeira liña coma Ignacio Ramonet, Jorge Dezcallar ou Saramago. En 1996, o Instituto promovía a creación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, un proxecto que pretendía vencellar administracións locais e organizacións non gobernamentais en proxectos de cooperación descentralizados. Na actualidade o Fondo conta coa colaboración de arredor de sesenta concellos, ademais de varias Deputacións e da Xunta entre outros organismos. Tamén desde o Igadi se promoveu, xa desde 1997, a Fundación Plácido Castro, que quere recoñecer e difundir a figura deste galeguista que desde os anos trinta e até o seu falecemento desenvolveu unha intensa actividade e defendeu a necesidade de que Galicia definise o seu papel no contexto internacional. Na rede, para alén de ter un dos webs con máis información de cantos existen no noso idioma, encárganse de manter o Canal Mundo en Vieiros. Tamén publican desde 1997 (en dúas épocas) a revista "Tempo exterior", única publicación de estudos internacionais realizada nunha lingua diferente ao castelán en todo o Estado.
Destacando no mundo
A importancia que foi alcanzando o centro e a calidade do seu traballo levou a que o Igadi se converse nun auténtico organismo asesor para institucións coma a Xunta, especialmente en colaboración coa Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior. "Hoxe existe unha relación estábel que nos permite trasladar informes periodicamente que gozan de boa acollida", sinala Xulio Ríos. "Facemos ao Anuario Exterior de Galicia, acabamos de entregar o Libro Branco da Acción Exterior de Galicia, fixemos a Guía de Recursos de Accións Exterior, a Guía do Arco Atlántico...". Alén diso, o Igadi é tamén o centro de referencia das Nacións Unidas no noso país e do mesmo xeito constituíuse nun referente para universidades, medios de comunicación e revistas especializadas. A implicación do Instituto con China levouno a participar no consello asesor de Casa Asia, organización que busca estreitar as relacións entre o Estado Español e este continente. E todo a partir dunha pequena organización de Baiona, na que calquera pode ser socio unicamente pagando os corenta euros de cota anual.
Traballo voluntario
"O Igadi é un proxecto totalmente orixinal e único, e España e mesmo diría que no mundo polas referencias que manexamos", sinala Xulio Ríos. Na actualidade a institución conta con seis persoas traballando a tempo completo, alén dos bolseiros en prácticas que chegan desde a carreira de Políticas da Universidade de Santiago entre outras. Sen embargo, boa parte do potencial do Igadi ven das súas colaboracións. "Temos colaboradores que desinteresadamente achegan a súa opinión desde Bos Aires, Londres, Kiev, Bruxelas, Saraievo...", lembra Ríos, que destaca a importancia que o traballo voluntario ten para o proxecto, especialmente o desenvolvido polo informático Fernando Pol, que se encargou do deseño e actualización do web. Do mesmo xeito, algúns dos nomes máis destacados da intelectualidade galega colaboran desde os máis diversos ámbitos co Instituto, facendo parte do seu Consello Asesor. Nomes coma Ramón Máis, Víctor Frexianes, Xosé Fortes Bouzán ou Luís Álvarez Pousa colaboran desinteresadamente neste entidade.
En adiante
De cara o futuro, o Instituto está a participar na organización dun seminario que o vindeiro mes de marzo analizará a situación de China e que se celebrará en Madrid, Cataluña e Galicia. Ademais quérese dar un novo impulso ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade conseguindo novos apoios para o proxecto, asentar a revista "Tempo Exterior", e buscar o xeito de incrementar a presenza de Nacións Unidas en Galicia e de Galicia nas Nacións Unidas. Tamén continúan a recoller apoios para crear finalmente o Foro Iberoamericano, un ambicioso proxecto de análise e documentación dedicado integramente a este espazo político e cultural. No intento de seguir medrando, o Igadi está a tamén a buscar apoios financeiros no sector privado, algo que, segundo recoñece o director do centro, "non nos resulta fácil". Pero as perspectivas non deixan de ser boas, e haberá que ver cantas máis iniciativas poden saír desde Baiona para pór Galicia no mundo.