Dosier: Neixón

Boiro quere custodiar os achados do Castro de Neixón no seu Centro de Interpretación

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os importantes achados arqueolóxicos que saíron do Castro de Neixón non se están a conservar no Concello de Boiro. Tal e como recolle a Lei do Patrimonio, estes restos están a se recoller no Museo Arqueolóxico da Coruña, ao non existir no concello ningún centro considerado como colección visitable ou museo. No entanto a Dirección Xeral de Patrimonio aprobou o pasado mes de maio unha orde polo que estes bens deberán ir para o Centro de Interpretación que actualmente está a se construír nas proximidades do castro. Queda agora pendente a devolución destas pezas ao lugar no que foron atopadas, sen que se establecese prazo ningún para o seu traslado. Na actualidade, o Concello teme que ese material non chegue nunca ao futuro centro. Coñece máis sobre o Castro de Neixón no noso dosier.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Castros da cidadanía

Castros da cidadanía

Neixón é un exemplo de dinamización cultural a partir da arqueoloxía

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Arqueolóxico da Coruña, Concello de Boiro, Dirección Xeral de Patrimonio, Culturagalega...