Preséntase a primeira longametraxe arqueolóxica do país

O Neixón: historia viva dun castro foi producido polo Laboratorio de Patrimonio do CSIC

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Neixón: historia viva dun castro é o título da primeira longametraxe de temática arqueolóxica que se produce no país, e documenta o proceso de excavación e investigación dos depósitos arqueolóxicos dos castros de Neixón (Cespón, Boiro), así como a relación dos habitantes da parroquia con este importante recinto arqueolóxico. O documental preséntanse ao público xeral hoxe ás 20:00 h. no Salón de Actos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Hospital de San Roque) en Compostela, e pola mañá xa foi amosado aos medios.

O documental, que dura 2 horas, está dirixido por Lukas Santiago, que xunto cos arqueólogos Xurxo Ayán e Leonardo González elaboraron o guión e a produción. A banda sonora é obra do grupo de folk do Bierzo “Aira da Pedra” e xa foi seleccionado para dous festivais de cine arqueolóxico no País Vasco e en Bruxelas.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dosier: Neixón

Boiro quere custodiar os achados do Castro de Neixón no seu Centro de Interpretación

Castros da cidadanía

Castros da cidadanía

Neixón é un exemplo de dinamización cultural a partir da arqueoloxía

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CSIC, Documental, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento...