Phonogal permite verificar a pronuncia en galego na rede

Os usuarios do web poderán saber, por exemplo, se unha vocal é aberta ou fechada

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Acaba de se publicar na rede Phonogal.net, un conversor que permite coñecer a transcrición fonética de palabras no noso idioma. O proxecto, desenvolvido por un grupo de persoas anónimas, permite verificar, por exemplo, se unha vocal é aberta ou fechada, e comprobar as diferentes pronuncias dun mesmo vocablo con rotacismo ou gheada, entre outras variantes. A web admite tanto palabras escritas na normativa ILG/RAG como con grafía portuguesa, e baséase para as transcricións en obras como o Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega, o Estraviz.org, o FreeLing ou o Léxico da Galiza da Academia Galega da Língua Portuguesa.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Lingua galega, ILG, Real Academia Galega