A AGAL presenta o seu dicionario de galego en liña para móbiles

A versión do e-estraviz achega 126.319 entradas e permite a busca en norma ILG-RAG

9/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
38 lecturas | Compartido 0 veces

O dicionario electrónico e-Estraviz, desenvolvido pola Associaçom Galega da Língua, dispón desde onte dunha versión para teléfonos móbiles. O dicionario, que é o máis completo dispoñible na nosa lingua para este tipo de dispositivos, permite procurar na rede definicións de 126.319 entradas, tanto en grafía oficial (ILG-RAG) como en norma reintegrada. O dicionario está dispoñible tanto para o sistema operativo Android como para o iOS dos teléfonos Mac.

En 2009, un particular lanzara Galegoapp, unha aplicación de pago para o Iphone que permite buscar no Dicionario da Real Academia Galega de 1997, dispoñible no web da Xunta.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, ILG, AGAL, Associaçom Galega da Língua...