Sae á luz o web da Real Academia Galega mentres a AGAL lanza o Dicionário Electrónico Estraviz

Ano novo, webs novas

3/1/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Logo dunha longa agarda, e aínda sen acabar, os internautas poden consultar xa o web da Real Academia Galega (RAG). A páxina achega información sobre a historia e composición da institución, permitindo por fin coñecer a través da rede datos coma os nomes dos académicos, tanto numerarios como correspondentes e outras cuestións sobre o funcionamento da RAG. Mentres, co comezo do Ano, a Associaçom Galega da Lingua (AGAL) subía ao seu web o E-Estraviz, versión en liña, actualizada e revisada do dicionario de galego realizado polo filólogo e secretario desta asociación, Isaac Alonso Estraviz. Esta obra, considerada coma un dos máis completos dicionarios realizados para o noso idioma, está dispoñible para todos os usuarios no Portal Galego da Lingua.

Máis información no web da RAG, en Galicia Hoxe e en Vieiros; máis sobre o Dicionário Electrónico Estraviz no Portal Galego da Língua

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGAL, Real Academia Galega, Dicionario, Vieiros...