Dous dicionarios e unha gramática súmanse á obras de referencia do galego

O primeiro dicionario de euskera e un de pronuncia son algunhas das novidades

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Universidade de Vigo presentaba onte o primeiro dicionario galego-euskera, que elaborou Isaac Fernández e que achega 5.000 vocablos para conectar os dous idiomas. Ao tempo, o Instituto da Lingua e a Real Academia deron á luz o Dicionario de pronuncia da lingua galega, realizado por Xosé Luís Regueira. O volume recolle a transcrición fonética de 47.000 palabras cunha proposta de pronuncia. Pola súa banda, Baía Edicións tirou recentemente do prelo Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión, un volume da autoría de Xoán López Viñas, Cilha Lourenço Módia e Marisa Moreda Leirado que explica de xeito accesible as bases do noso idioma.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Lingua galega, Xosé Luís Regueira, Universidade de Vigo...