O Instituto da Lingua pon na rede un dicionario fonético

Toma como referencia 60.000 vocablos de uso común do galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O Instituto da Lingua pon na rede un dicionario fonético

Dunha banda a transcrición fonética e da outra, a súa pronuncia real a golpe de click. Isto é o que permite o Dicionario de pronuncia da lingua galega a última ferramenta informática para o idioma galego. Coordinado por Xosé Luís Regueira, trátase da versión dixital dun proxecto desenvolvido desde o Instituto da Lingua Galega que o ano pasado a Real Academia Galega editou en papel. Para a proposta en liña, contouse coa colaboración coa Compañía da Radio Televisión de Galicia, que facilitou a gravación duns 60.000 rexistros de uso común.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Lingua galega, Xosé Luís Regueira, Instituto da Lingua Galega...