A Real Academia colaborará co ILG para realizar a nova gramática do galego

As dúas entidades elaborarán tamén un dicionario de apelidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Rosario Alvarez será a coordinadora da nova gramática descritiva do idioma galego que van elaborar en colaboración a Real Academia Galega e mais o Instituto da Lingua Galega. O proxecto, que pretende servir de referencia e definir a forma estándar da nosa lingua, non terá un grande aparello teórico e incluirá abondosos exemplos. De xeito paralelo, as dúas institucións van crear un Dicionario de Apelidos Galegos que coordinará Ana Isabel Boullón e quere contribuír á normalización da lingua na onomástica.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, ILG, Lingua galega, Instituto da Lingua Galega...