Andrés Barbé substitúe a Antón Reixa á fronte do Clúster Audiovisual Galego

Un convenio co IGAPE solucionou os problemas económicos da entidade

23/12/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O pasado mes de xullo Antón Reixa manifestou a súa intención de deixar o seu posto á fronte do Clúster do Audiovisual Galego antes de que rematase o seu mandato. A súa saída estaba vencellada á busca dun plan de viabilidade que permitise sanear a situación económica da entidade que se solucionou coa sinatura dun convenio co IGAPE e un plan de viablidade a cinco anos. Este martes, no marco dunha asamblea extraordinaria, formalizouse a súa saída na que Reixa deixou o sitio ao produtor Andrés Barbé. O novo presidente considera prioritario investir en investigación e desenvolvemento (no marco da Plataforma Tecnolóxica I+dea) e no plan de internacionalización.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Reixa, Igape, Clúster Audiovisual Galego, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)