Antón Reixa é reelixido como presidente do Clúster do Audiovisual Galego

A asemblea tamén aprobou a incorporación de tres novas entidades ao Comité Estratéxico

12/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Unha maior presenza en mercados internacionais e o cumprimento da Axenda de Innovación para o sector audiovisual son as liñas de traballo máis inmediatas que afronta o Clúster Audiovisual Galego. Así o asegurou Antón Reixa, despois de ser reelexido como presidente da entidade para un segundo mandato. Ademais, a asemblea extraordinaria aprobou a incorporación de TVG, Ficción Producciones e Arantia ao Comité Estratéxico do CLAG. Segundo a nota de prensa remitida pola entidade, “o trienio 2005-2008 caracterizouse por un marcado incremento do asociacionismo e unha cada vez maior internacionalización”.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Reixa, Ficción Producciones, TVG, Clúster Audiovisual Galego