Antón Reixa é elixido novo presidente da SGAE

O galego obtivo 24 votos da xunta directiva desta entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), principal organismo de xestión de dereitos de autor do Estado, ten novo presidente. A xunta directiva da entidade escollía onte, por 24 votos de 37, o galego Antón Reixa para o posto. Malia a que Reixa era xa favorito para liderar a SGAE, ata pouco antes da reunión da directiva non se decidiu o voto dos editores musicais, o que engadiu suspense á elección. O novo presidente anuncia un programa de renovación nunha entidade sacudida por fortes escándalos nos últimos tempos.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con SGAE, Antón Reixa, Editores, Lingua galega

Claves

Protagonistas
Entidades