Antón Reixa vence nas eleccións da SGAE

A candidatura Autores Unidos pola Refundación obtivo unha maioría simple

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A candidatura encabezada polo galego Antón Reixa impúxose nas eleccións da Sociedade Xeral de Autores e Editores. Autores Unidos pola refundación obtivo unha maioría simple nas votacións que celebrou onte a entidade, sumando 14 asentos para a xunta directiva, mentres outras dúas formacións reparten os 16 postos restantes. Reixa deberá agora negociar coas outras candidaturas para artellar unha directiva unitaria. O galego conseguiu estes resultados cunha campaña na que chamaba á rexeneración da principal entidade de xestión de dereitos do Estado.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Reixa, SGAE, Editores, Lingua galega

Claves

Protagonistas
Entidades