Segundo informa El PaÃs, o produtor e creador Antón Reixa presentará este luns formalmente a súa candidatura á presidencia da Sociedad General de Autores e Editores (SGAE). A lista leva o eslogan "Devolvamos la SGAE a l@s soci@s" e vaise presentar no CÃrculo de Belas Artes de Madrid. O galego competirá coa candidatura DOM (De Otra Manera), que lidera o compositor José Miguel Fernández Sastrón. As eleccións serán o 7 de febreiro de 2012 e nelas poderán votar 21.000 socios da SGAE.