Nacen unha asociación cultural e un grupo teatral

Unións de cultura

O traballo a prol da cultura desde colectivos presenta novidades cada día. Hoxe a noticia é o nacemento da Asociación Cultural O Penedo, pioneira de Herbón e dun novo grupo teatral, Volta e Dalle que levan a escea o barallete dos afiadores ourensáns.

O Penedo




Co obxectivo de recuperar as tradicións populares e de ensalzar un producto tan autóctono da zona como é o pemento, ven de nacer a primeira asociación cultural de Herbón. "O Penedo", nome desta asociación é tamén o topónimo dun dos lugare máis emblemáticos da localidade, unha pedra situada no río Ulla que marca o límite da xurisdicción da Comandancia de Mariña de Vilagarcía. Desde a nova asociación organizáronse nas areas de Cultura, Deportes, Festexos e Ocio, e desde elas xa promoveron un concurso de bailes de salón, ademais de organizar un certame gastronómico para o entroido. Entre os seus próximos proxectos está o realizar unha obra de teatro, recuperar o equipo de fútbol San Antonio de Herbón e rescatar festas populares e cancións tradicionais coma as coplas e as regueifas. A entidade conta con 53 socios de entre 20 e 30 anos.











Volta e Dalle



Unha nova compañía teatral, "Volta e dalle" comeza hoxe a súa actividade pública coa estrea, no Instituto Galego da Información de Compostela, da súa obra "Furga Garabela". A obra, da autoría de Henrique Rivadulla, conta a historia do debuxo dun afiador que se convirte en humano e vai vivindo diferentes situacións da vida nómada do seu oficio e adoptando unha portura radical ante a vida. A obra inclúe un poema inicial e varios fragmentos en barallete, a fala propia dos afiadores. O propio título da obra está nesta lingua, e en galego quere dicir "Nena Bonita". Para a realización da obra, tanto do actor Pepe Penabade coma o autor documentáronse abondosamente sobre os afiadores e o barallete. A obra poderá verse a partir das 22:30.