Os outros médicos

Volta e Dálle celebra os seus dez anos levando ás táboas Escola de menciñeiros

22/11/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Imaxe de Menciñeiros

“Nestes momentos que se fala tanto da crise sanitaria quixemos honrar a todos eses menciñeiros e curandeiros que axudaron a curar os males” explica Pepe Penabade, a propósito de Menciñeiros, a última montaxe de Volta e Dálle. Pero a obra de teatro que se acaba de estrear en Mondoñedo encerra tamén outras celebracións. É a primeira vez que se representa o texto de Álvaro Cunqueiro, co que “é a nosa particular homenaxe” da compañía ao autor mindoniense; e con ela Volta e dalle festexa os seus dez anos no sector teatral.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

10/01/2013

Son…llusionistas

Teatro do Noroeste simplifica a súa estrutura nunha montaxe sobre a crise

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Teatro, Mondoñedo

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares