As xa demoradas obras de recuperación do Pórtico da Gloria que se están a realizar co apoio da Fundación Barrié, demoraranse como mÃnimo un ano máis. A aparición de pintura policromada orixinal do século XII levou ao Comité CientÃfico do Programa Catedral a que se prolongue durante este tempo o proceso de monitorización da peza. O vindeiro mes de xaneiro realizarase unha nova toma de mostras en diferentes figuras. Os vestixios de pintura son especialmente relevantes nas columnas dos profesta do antigo testamento, asà como na figura de San Xoán e nalgúns instrumentos.