A Real Academia homenaxea a Seoane no camposanto de San Amaro

A institución tamén lembrará o medio cento de intelectuais soterrados no mesmo lugar

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O vindeiro sábado 18 o cemiterio de San Amaro, na Coruña, acollerá a homenaxe de Real Academia Galega a Luís Seoane con ocasión do seu centenario. O evento comezará ás 12:30 horas da mañá e consistirá nun recital de gaita e mais nunha ofrenda floral que irá acompañada dunhas palabras do presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín. Tamén se visitará a tumba de Murguía, primeiro presidente da Academia, como recoñecemento ao preto de medio cento de intelectuais que repousan neste camposanto. A coincidir con esta conmemoración, a RAG publicou un mapa no que sinala con cruces a situación no cemiterio das tumbas dos homenaxeados, entre os que se atopan as de Ánxel Casal, Leandro Carré Alvarellos ou Miguel González Garcés, entre outros.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxel Casal, Miguel González Garcés, Méndez Ferrín, Luís Seoane...