Un espectáculo poético e un concerto festexan o bicentenario do cemiterio de San Amaro

Unha guía e visitas programadas completan a celebración do camposanto coruñés

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Un espectáculo poético  e un concerto festexan o bicentenario do cemiterio de San Amaro

Os músicos Castro Chané, Marcial del Adalid, Pucho Boedo e os escritores Eduardo Pondal, Manuel Murguía, Pérez Lugín e Curros Enriquez repousan no cemiterio de San Amaro. Un recinto que cumpre 200 anos e que o concello quere celebrar este sábado (25, a partir das 20:00 horas) cun recital musical e un concerto, inspirado nas músicas e letras dos que ali repousan. O espectáculo servirá de presentación de “San Amaro”, unha cancion inédita do músico Xoel López.

Canda o concerto e o recital poético, o concello da Coruña tamén editou unha guía que propón 200 puntos de interese do histórico camposanto divididos en catro itinerarios (un para creadores, historiadores e científicos; outro para os políticos e militares; outro de “segredos” e un último artístico sobre os panteóns máis destacados). Ademais, este sábado tamén se recuperará o programa de visitas guiadas por este cemiterio que se estenden ata o vindeiro mes de decembro.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Guía, Eduardo Pondal, Marcial...