A Coruña conmemora os 200 anos do cemiterio de San Amaro

Celebrarase un recital poético e musical con Xoel López, Rosa Cedrón ou Sito Sedes

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O vindeiro 25 de agosto, o Concello da Coruña celebrará unha curiosa efeméride. O cemiterio de San Amaro cumpre 200 anos e, con tal motivo, acollerá O ceo da Coruña, un recital poético musical no que se agarda a presenza de Rosa Cedrón, Xoel López, Sito Sedes, Paco Lodeiro e a Banda Municipal de Música. Canda a isto, publicarase en xullo unha guía sobre o recinto e en novembro un libro que recolle a súa historia. De xeito paralelo realizarase un catálogo do patrimonio cultural presente no camposanto, que acaba de ingresar na Rede de Cemiterios Singulares de Europa.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xoel López, Rosa Cedrón, Guía, Concello da Coruña...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares