As entidades galegas no exterior disporán de 450.000 euros para cultura e publicacións

A Xunta convocou onte as diferentes liñas de axudas para colectivos da diáspora

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia achegaba onte a convocatoria de subvencións para entidades galegas no exterior. Dos 900.000 mil euros totais, unha partida de 340.000 irá destinada á organización de actividades culturais, proxectos formativos e actividades asociativas, mentres outros 110.000 financiarán publicacións destes colectivos. Canda a estas, prevese unha partida de 99.000 para proxectos promovidos pola mocidade. Os interesados teñen ata o vindeiro 24 de xaneiro para presentar a documentación correspondente.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diáspora

Claves

Conceptos