Roque Romero e Kiko da Silva participan en senllos volumes colectivos

Transdimensional express e Cambio Climático están a se presentar estes días en Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Transdimensional Express

Capa de Transdimensional Express

Transdimensional express é o título do volume colectivo conformado por historias mudas que acaba de presentar o selo Ultrarradio. Un cubo transdimensional é o fío conductor das oitenta páxinas da obra, á que achega unha historia o galego Roque Romero. O volume está a se presentar en diferentes locais de Madrid ata o vindeiro día 12. Pola súa banda, Kiko da Silva é un dos autores que fan parte do volume Cambio climático, que se presenta esta mañá no salón Expocómic de Madrid. Os beneficios pola venda obra, editada pola Fundación Divina Pastora, irán destinados a achegar alimentos a familia haitianas.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Kiko da Silva, Roque Romero, Lingua galega

Claves

Conceptos
Lugares