Abraldes achega A Tumba do Terror á lingua galega

Fosfatina revisita o personaxe de Teen Wolf nun volume colectivo

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Abraldes achega A Tumba do Terror  á lingua galega

O debuxante Juan Carlos Abraldes acaba de presentar A Tumba do Terror. O volume autoeditado no que recupera cinco historias publicadas orixinalmente na revista estadounidense Tomb of Terror con guión de Jason Crawley. A coincidir co Samaín, o autor está a presentar este proxecto autoeditado por diferentes librarías do país, a achegar ademais sorteos, venda de orixinais e outras actividades.

En paralelo, a editorial viguesa Fosfatina presentaba recentemente o seu volume Teen Wolf, unha colectánea de autoras que revisitan o personaxe e o filme que lle dan título á obra. Un total de 18 sinaturas completan un volume de 116 páxinas a cor, con nomes como Inés Casarejos, María Herreros, Mireia Pérez, Anabel Colazo ou os colectivos Los Bravú ou o conformado por Alixe Lobato, Lilines Tximinika e Óscar Chíviri. A editora lanzou tamén o volume Ghost of you da estremeña María Ramos, co que inicia a segunda etapa da colección Fosfatina 2000.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Guión, Bravú

Claves