A música tradicional reúne alumnos de tres países no proxecto Celtic Roots

Centros de Inglaterra, Irlanda e Galicia participan nesta iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

O vindeiro 11 de decembro preséntase publicamente en Vigo o CD-DVD Celtic Roots. O lanzamento fai parte dun proxecto homónimo no que alumnos de tres centros educativos de Nigrán, Manchester (Reino Unido) e Bray (Irlanda) afondan nos elementos comúns das súas culturas. Para alén de realizar un diccionario, compartir obras literarias e desenvolver outras actividades de intercambio, os participantes gravaron este CD e DVD no que interpretan cancións folks e tradicionais de cada un dos seus países. O proxecto contou coa colaboración de e Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Irlanda, DVD, Reino Unido, Inglaterra...

Claves

Protagonistas
Conceptos