As diferenzas e similitudes entre Galicia e Irlanda entran mañá a debate no congreso que organiza a Sección de Cultura Galega no Exterior do Consello da Cultura Galega, as Universidades de Santiago, Cork e o Comité de Relacións Culturais do Departamento de Artes, Deporte e Turismo de Irlanda. Tres dÃas nos que se pretende afianzar as relacións entre os investigadores de ambos paÃses, propiciar estudos comparativos e facilitar o coñecemento de ambas as dúas culturas. O acto comeza mañá coa proxección do documental "Requinteiros. Músicos da Ulla" e o grupo A Gaita de Sarandón ao que asistirán, entre outros, Manuel Fraga, presidente da Xunta e Declan O´Donovan, embaixador de Irlanda en España.
Consulta o programa no web do Consello