O Consello da Cultura Galega organiza o simposio "Galicia-Irlanda: dúas fisterras europeas" para facilitar o "coñecemento recíproco de dúas culturas e sociedades con moitos elementos comúns"

Eire-Galicia, sen mar por medio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Galicia e Irlanda teñen moitos elementos comúns na súa historia, cultura e sociedade. E para analizalas, a sección de Cultura Galega no Exterior decidiu organizar as xornadas: "Galicia Irlanda: dúas fisterras europeas", que se celebrarán no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega entre o 21 e o 24 de abril. Nas xornadas participarán destacados especialistas dos dous países que analizarán as relacións entre estes pobos desde a Idade Antiga até a actualidade partindo de múltiples puntos de vista: historia, a política, e etnografía ou a economía. Xa está aberto o prazo de inscrición para o Congreso Galicia-Irlanda.

Máis información, programa e inscrición en liña en consellodacultura.org

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Irlanda, Consello da Cultura Galega, Etnografía, Economía...