Para alén das semellanzas culturais e dos paralelismos históricos que se teñen dado e se dan entre Galicia e Irlanda, existe unha cuestión que une os dous paÃses e que ao tempo é fondamente diferente: O nacionalismo. A inspiración que o movemento de liberación en Irlanda supuxo para o seu homólogo galego e o suposto paralelismo entre ambos os dous, foron analizados e criticados polo historiador Xusto Beramendi no Congreso Galicia-Irlanda do Consello da Cultura Galega.
O nacionalismo irlandés foi reivindicado sempre desde o movemento de afirmación nacional galego coma unha fonte de inspiración e, a partir da independencia dos gaélicos, coma unha mostra de que era posÃbel a liberación nacional. "O nacionalismo irlandés considerouse o irmán maior do galego ao que cumprÃa emular. Manifestacións neste sentido aparecen xa no nacemento do movemento cos primeiros provincialistas nos anos corenta do século XIX", apunta Xusto Beramendi, profesor de Historia da Universidade de Santiago, que sinala que "esta idea alcanza a súa máxima intensidade nos nacionalistas galegos do primeiro terzo do século XX coincidindo coa emancipación irlandesa". No entanto, o historiador salienta que en ningún momento houbo desde Irlanda un interese semellante polo nacionalismo galego, e apunta que a carreira dos dous movementos de afirmación nacional son moito máis diferentes do que semellantes. Beramendi parte da tese de que o fundamental para explicarnos a aparición e o desenvolvemento de calquera nacionalismo "non é a existencia previa dunha nación orgánica obxectiva senón a existencia dunha masa crÃtica de factores extraidentitarios " que activan a etnicidade e o nacemento dun suxeito de soberanÃa de cara á "autoconstrución da identidade nacional". Neste sentido, sinala que a diferenza étnica é un factor importante para o desenvolvemento dun movemento nacionalista mais non o decisivo, e pon coma exemplo o caso escocés.
O nacemento de Irlanda
Comparando as traxectorias dos dous nacionalismos, o profesor da Universidade de Santiago sostén que en Irlanda esta serie de factores existÃan tempo antes da creación do movemento nacionalista, mentres que en Galicia non se deu esta situación, o que explica, segundo el, as grandes diferenzas en canto ao éxito polÃtico dos dous movementos. Na súa análise o historiador apunta que durante séculos Irlanda sufriu abondosas intervencións militares por parte da metrópole alén dunha importante discriminación en canto a dereitos civÃs de cara a poboación católica autóctona, que se incrementou aÃnda despois do cisma anglicano. Ademais, e apoiando a súa tese de que o compoñente étnico é secundario no desenvolvemento do nacionalismo, o historiador galego apunta que até comezos do século XX a cuestión étnica e lingüÃstica non se asentou coma un elemento básico do nacionalismo irlandés, e destaca que a finais do século XVIII as loitas para conseguir unha maior autonomÃa e a igualdade de dereitos, eran promovidas en boa medida pola propia minorÃa protestante, nun movemento "vagamente paralelo ao das colonias americanas". Pouco despois, a imitación da Revolución Francesa, o nacionalismo irlandés tomou elementos liberais, reclamando a igualdade das dúas comunidades da illa e o sufraxio universal. Segundo Beramendi, houbo unha "oposición da xerarquÃa católica a implicarse nun vieiro que implicaba a desaparición do seu ascendente sobre unha sociedade laica".
Relacións colonais
A partir de 1800, cunha nova vaga represiva, incrementouse a discriminación contra os católicos irlandeses, que coincidirÃa coas grande fames de mediados deste século. "ParecÃa evidente que se querÃan saÃr algún dÃa da súa situación de miseria e de opresión, só tiñan dúas vÃas, ou emigrar ou quebrar a cadea que os ataba ao Reino Unido", sinala o historiador, que considera alén diso que "nalgúns aspectos fundamentais Irlanda era peor tratada do que calquera colonia británica ultramarina con poboación de orixe europeo". Ademais foi tamén nestes tempos cando "os protestantes esqueceron as pretensións autonomÃas ante o problema que lle suporÃa para o seu estatus unha maiorÃa católica". A unión destes factores foi que, segundo Beramendi, contribuÃu para sementar o movemento de base étnica que caracterizarÃa o nacionalismo irlandés de comezos do século XX.
O celtismo no nacionalismo
Dentro da busca de elementos de semellanza entre as dúas Fisterras os galegos tentaron potenciar ao máximo as caracterÃsticas comúns entre os dous pobos, "tanto as reais coma as inventadas", sinala Beramendi. Entre estas caracterÃsticas estaba, inevitabelmente, a idea da orixe celta dos galegos. No marco do mesmo congreso, o catedrático de Historia Ramón Villares analizou a evolución do mito celta na historiografÃa galega e o seu vencello co nacionalismo. Villares sinalou que a busca dunha orixe celta naceu a mediados do século XVII en Francia, buscando unha orixe para este pobo diferente da xermánica ou da mediterránea. En Galicia non serÃa até o século XIX cando chegarÃa esta idea, que xa fora adoptada con anterioridade por outros historiadores peninsulares coma Masdeu ou Flórez para explicar a orixe dos cataláns e dos españois respectivamente. SerÃa José Verea e Aguiar, que en 1836 introduciu esta cuestión na súa "Historia de Galicia", unha idea que serÃa recuperada e difundida por Manuel MurguÃa a partir de 1865, engadindo ademais a noción dunha identidade racial aÃnda presente entre celtas e galegos. "Esta idea mantÃvose coma un paradigma até comezos do século XX", sinala Villares, "aÃnda na xeración Nós, Vicente Risco, con ocasión do centenario do nacemento de MurguÃa sinala a demostración da identidade étnica coma a grande achega deste historiador". SerÃa precisamente no momento en que o nacionalismo comeza a conseguir unha certa presenza social, coa creación do partido Galeguista nos anos trinta cando, segundo Villares, a explicación étnica decae en detrimento de elementos identificativos coma a terra e a tradición, "aÃnda que moi estendida na cultura popular, xa non ten case funcionalidade polÃtica no movemento nacionalista", apunta o historiador, que conclúe que "Co tempo o nacionalismo foise facendo menos histórico e máis filolóxico".
Diferenzas mitigadas
Comparando a situación do noso nacionalismo co irlandés, Xusto Beramendi apunta que pola banda galega "non se produciu unha invasión ao estilo das de Irlanda, nin á discriminación masiva da súa poboación por parte de foráneos". Alén diso, "a substitución da nobreza deuse dun xeito obxectivamente integrador", xa que moitos dos nobres galegos emigraron voluntariamente. Por outra banda, a identidade relixiosa entre galegos e casteláns contribuÃu decisivamente a minimizar a conflitividade entre as dúas comunidades. O profesor da Universidade de Santiago interpreta entón que o século XIX comeza no noso paÃs sen darse ningún tipo de movemento protonacionalista, que só comezarÃa cara a 1846 cos primeiros movementos provincialistas. Beramendi critica na súa análise as concepcións dominantes no nacionalismo galego sobre o carácter colonial das relacións entre Galicia e España e encol da represión da cultura galega realizada desde o poder central.
Abandono da etnicidade
Para alén dos factores que o historiador considera que mitigaron a creación dun movemento nacionalista forte, Beramendi sinala tamén que as condicións vitais do campesiñado foron moito mellores do que no caso irlandés ao garantir o foro un dominio estábel das terras. Deste xeito, o fundamento teórico do nacionalismo galego até 1931 "céntrase case exclusivamente na afirmación dunha identidade e dunha historia propia", e aÃnda que desde entón foron modificándose os discursos e as actitudes sociais do movemento, especialmente nos últimos trinta anos, segundo o historiador, "eses cambios non serán suficientes para que resulte equiparábel nin de lonxe o que é o nacionalismo galego do século XXI co que era o nacionalismo irlandés do século XX".