Fina en Ourense o historiador e profesor Marcos Valcárcel

Recibiu, entre moitos outros galardóns, a medalla Castelao

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Na mañá do domingo 5 finou no seu domicilio o historiador e escritor Marcos Valcárcel. O “intelectual tranquilo”, como o denominaron nalgunha ocasión os seus amigos, foi un traballador incansable pola cultura galega á que contribuíu con numerosos estudos e á súa difusión a través dun blog “As uvas na solaina”, que lle valeu numerosos premios. Ademais da súa faceta investigadora, tamén cultivou o lado creativo con diferentes obras. A Xunta concedeulle en 2009 a Medalla Castelao. Os seus restos están no Tanatorio das Burgas (número 6) durante o día do luns, tal e como figura no seu propio blog.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcos Valcárcel, Castelao, Medalla Castelao, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares