O PEN Clube de Galicia outórgalle a Marcos Valcárcel o seu premio anual

O acto de entrega terá lugar en Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

“As uvas na solaina” é o blog personal do escritor e historiador ourensán Marcos Valcárcel. Os artigos que publica nel, así como o seu compromiso coas letras galegas, acaban de lle valer o Premio PEN 2009, que concede o PEN Clube a persoeiros da literatura galega que destacaran na defensa dos dereitos de opinión e de expresión. O premio consiste nunha figura conmemorativa que se lle entregará en breve en Santiago de Compostela. O xurado do PEN Clube quere facer coincidir o acto coa presentación dun libro de homenaxe que están a elaborar os seus amigos.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con PEN Clube, Marcos Valcárcel, Literatura, Santiago de Compostela...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos