María Xosé Queizán leva o V Premio Voz da Liberdade

O galardón é concedido cada dous anos polo PEN Clube de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A V Edición do Premio Voz da Liberdade, que outorga cada dous anos o PEN Clube Galicia foi para María Xosé Queizán, escritora, tradutora e coordinadora da publicación Festa da palabra. En canto aos méritos de Queizán, o xurado recoñeceu "a súa traxectoria independente e firme, tanto na defensa da liberdade de expresión coma na dos dereitos das mulleres desde a década dos sesenta ata a actualidade. A entrega do galardón desenvolverase o vindeiro 26 de novembro ás 12 horas no Centro Social Novacaixagalicia de Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Xosé Queizán, PEN Clube, Mulleres, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos