O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto que establece os galardoados pola Medalla Castelao. Os galardóns deste ano foron para a investigadora Tarsy Carballas Fernández, o doutor Fernando Diz-Lois MartÃnez, o médico e etnógrafo Luciano GarcÃa Alén, o tradutor Fernando Pérez-Barreiro Noia e mais o investigador e divulgador Marcos Valcárcel López. O galardón creouse en 1984 para recoñecer a obra daqueles galegos "que deben ser guÃa para futuras xeracións que queiran seguir engrandecendo a realidade de Galicia".
**** BiografÃas dos galardoados, segundo a nota oficial da Xunta****
Tarsy Carballas Fernández
A profesora Carballas é un dos exemplos máis salientables dunha carreira profesional vinculada á excelencia na investigación, na cal acadou os postos máis altos na súa especialidade. Doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Investigación no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia e autora de máis de 230 publicacións. Na súa intensa actividade profesional cómpre salientar a súa preocupación por acadar solucións para algúns dos problemas máis importantes da sociedade galega: a predición dos incendios forestais e a rexeneración do solo queimado.
Fernando Diz-Lois MartÃnez
O doutor Diz-Lois é un prestixioso internista de reputada fama alén da nosa comunidade. O amor á súa terra levouno a desbotar importantes ofertas profesionais no estranxeiro para centrar o seu labor profesional no sistema sanitario público galego, no cal exerce desde 1973 como xefe de Departamento de Medicina Interna do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, labor que compaxina coa docencia universitaria. Ao seu intenso labor débese a posta en marcha da unidade de curta estadÃa médica nesa institución sanitaria. Por outra banda, o doutor Diz-Lois pertence a numerosos cÃrculos cientÃficos en que as súas opinións teñen un gran peso.
Luciano GarcÃa Alén
Médico e etnógrafo, foi fundador e primeiro presidente do Club Nacionalista Alén Nós e patrono fundador do Museo do Pobo Galego. Con Filgueira Valverde e o seu irmán Alfredo GarcÃa Alén participou nos anos 50 a 70 na organización e desenvolvemento do Museo de Pontevedra. Dentro da súa actividade a prol da cultura galega resaltan os seus traballos e investigacións sobre a olarÃa popular, sendo o principal artÃfice de que se conserve unha importante documentación escrita e gráfica de recipientes que,doutro xeito, terÃan desaparecido sen deixar pegada. Este importante labor continúa ata dÃa de hoxe.
Fernando Pérez-Barreiro Noia
Tradutor do inglés e chinés, o seu labor profesional levouno a exercer cargos de relevo en organismos e institucións de alto nivel mundial como membro dos equipos dos servizos exteriores da BBC en Londres, profesor en prestixiosas universidades inglesas ou xefe dos Servizos de Tradución da Organización Internacional do Café. Autor da primeira tradución dunha obra teatral de Shakespeare para o galego e das primeiras traducións directas do chinés para o galego, o seu labor a prol da internacionalización da cultura galega a través da palabra e do fluxo intelectual conéctanos coas sociedades de maior peso especÃfico no mundo contemporáneo.
Marcos Valcárcel López
Doutor en XeografÃa e Historia e catedrático de Lingua e Literatura galegas no ensino secundario, Marcos Valcárcel conta cunha longa traxectoria como investigador, erudito e divulgador da cultura de Galicia, facianas ás cales engade a súa traxectoria como dinamizador cultural, xornalista de opinión, ensinante e estudioso da historia cultural, literaria e polÃtica de Ourense. Autor de numerosas publicacións e cun constante labor xornalÃstico durante máis de trinta anos no campo do columnismo de opinión, puxo en marcha un dos blogs de máis prestixio do paÃs, cuxa capacidade de convocatoria o converteu nun dos lugares da internet máis activos de Galicia. Recoñécese, deste xeito, toda unha vida dedicada á cultura, ao coñecemento e a súa transmisión á sociedade cun talante aberto, dialogante, galeguista, cÃvico e, en definitiva, universal.