Tomando como modelo o que Vilanova de Arousa fixo co Pazo dos Charlines, o famoso clan de narcotraficantes que sairá a poxa pública a vindeira semana, o concello de Sada acaba de iniciar os trámites para modificar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e cambiar a declaración do Pazo de Meirás. Este cambio pretende blindar ese espazo para uso dos cidadáns, declarando o edificio como equipamiento público e os seus xardÃns como espazos libres públicos da localidade. O seguinte paso serÃa o de comprarlle á familia o edificio que, pode chegar por varias vÃas (convenio, por adscripción a una o varias áreas de reparto ou por expropiación). Só é un primeiro paso, pero o horizonte desta iniciativa é restituÃr ao pobo, a quen se lle obrigou no seu momento a doar o complexo a Franco en plena Guerra Civil.