O Supremo rexeita o recurso dos Franco e obrígaos a abrir Meirás

Entre as zonas visitables están os xardíns e a biblioteca

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Era dun dos recursos legais da familia Franco contra a decisión da Consellaría de Cultura de declarar o Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural. Unha figura de protección que, alén de preservar as características do edificio, obriga aos seus propietarios (familia Franco) a abrilo ao público. Agora o Tribuanl Supremo acaba de desestimar o recurso de casación interposto e insta á Xunta a aplicar o decreto. Isto implica abrir parte do edificio ao público catro días ao mes. Entre as partes visitables estarán os xardíns e a biblioteca. A familia presentou no seu momento varios recursos e segue pendente o contencioso-administativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Pazo de Meirás

Claves

Lugares