Lugo acolleu o Campeonato Nacional do videoxogo "The Conquerors"

Xogando cos videoxogos

Mentras medio mundo está pendiente da última entrega da Final Fantasy (que fai a número IX), o outro medio goza doutro tipo de xogos. Neste segundo grupo están os que esta fin de semana se concentraron nun cibercafé lucense para competir no campionato Nacional de "The Conquerors" un videoxogo de estratexia que ofrece a evolución da civilización pasando por cinco etapas diferentes.

Segundo campionato




Lugo foi a cidade encargada de acoller a segunda edición do Campeonato Nacional de "The Conquerors". Tomando o relevo de Villablino (en León), vinte parellas de Galicia, Madrid e Barcelona competiron nun xogo que fixo evolucionar as civilizacións escollidas nas súas distintas fases históricas. Un videoxogo (cuarta versión do Age of Empires) que non é só para nenos, xa que, de feito, os participantes tiveron idades comprendidas entre os 17 e os 37 anos.












Cometidos do xogo




"The Conquerors" é un xogo de parellas, e aquela que máis pronto evolucione e máis tropas crea é a que gaña a partida. A evolución das civilización pasa por cinco etapas: dende a Idade Media, na que se constrúe o poblado, á Idade Feudal que dá paso á Idade dos Castelos onde comezan os ataques e enfrontamentos que seguirán na Idade Imperial e Post Imperial. Un xogo de estratexia e de habilidade que dependerá da pericia dos xogadores para evolucionar máis rápido, coordinarse coa súa respectiva parella para conseguir vencer ó inimigo.