A nova, a pasada semana, de que dous galegos gañaran o Campionato do Mundo do videoxogo World of Warcraft: Burning Crusade, puxo de relevo a existencia en Galicia dun bo feixe de afeccionados a este entretemento. Malia á inexistencia dunha industria propia ou a nosa relativamente precaria integración de Internet, os xogadores galegos amósanse coma un sector cun grande potencial.
Van un de Ferrol e un de Marín polo mundo de Warcraft adiante, e velaí que comezan a participar en campionatos deste xogo e se fan co título do mundo. O feito de que Javier de la Peña e a Néstor García gañasen o campionato mundial do xogo online World of Warcraft: Burning Crusade chamaba a pasada semana a atención de diferentes medios, e non é de estrañar. Este xogo, cuns nove millóns de usuarios que interactúan deste todo o mundo, reportoulles aos gañadores a nada menos que 30.000 dólares de premio, e mesmo a oportunidade de dedicarse profesionalmente ao entretemento dixital. Ante este galardón, xorde unha pregunta: ¿estamos ante un caso puntual ou existe realmente un potencial nos videoxogadores galegos?
O mundo do xogo
Polo momento, semella que non somos unha grande potencia agochada do videoxogo. En Galicia máis ou menos existe a mesma afección que no resto do Estado, explica pablo Grandío, que dirixe desde a Coruña o coñecido portal de ocio dixital Vandal.net (a páxina máis visitada da rede galega segundo Alexa). O feito de que a penetración de Internet sexa relativamente baixa non inflúe moito, xa que os xogadores son novos e estas tecnoloxías están a entrar precisamente por este sector de poboación. Tendo en conta que a poboación é polo xeral máis vella e o noso realtivo atraso coa rede, a media está máis ou menos no nivel estatal. Sobre todo na Coruña e en Vigo hai bastante cultura a este respecto, asegura. Dentro do público deste tipo de títulos o noso país, ao igual que o contorno, segue unha tendencia bastante marcada. Existe un grupo que xoga de toda a vida, que son os que compran as consolas máis potentes e tenta estar á última, e despois está aparecendo un novo mercado de xogadores casuais que se están afeccionando con produtos coma Singstar, Buzz, Braintraining ou a consola Wii, explica. Resumindo, que estamos na onda. Sobre as posibilidades que comecen a aparecer estrelas galegas deste ámbito, o responsable de Vandal.net explica que É como no fútbol. Hai moitos xogadores e pode xurdir un talento en calquera intre.
Identidade galega en mundos virtuais
E é que, nun mundo globalizado coma o noso, o feito de vivirmos neste curruncho de Europa non inflúe moito á hora de adoptarmos modas ou usos dixitais. De calquera xeito, semella que entre os xogadores galegos online non existe en xeral unha tendencia a se agrupar por lazos de orixe nos mundo virtuais. Non hai moita xente que organice partidas desde aquí ou que cree clans de galegos, explica Grandío. Nese sentido a rede tende a ser máis global e os galegos adoitan reunirse con outra xente do Estado. Malia a isto, encontros informáticos coma o Xuventudegaliza.net, a extinta Arroutada Party ou outros serven como puntos de encontro para moitos afeccionados e axudan a que existan redes informais de contactos e amizades. En canto ao potencial destes afeccionados á hora de conseguir premios ou de poder desempeñar postos profesionais no sector, Grandío advirte que En xeral en todo o Estado os xogadores están a destacar nos xogos online, hai bastante bo nivel, tanto en Galicia como en España, aínda que os campionatos continúan a ser moi minoritarios.
O traballo de probar xogos
Unha das posibilidades máis sinxelas que se lles achegan aos xogadores para se introducir nas tripas desta industria é actuar como probador para xogos en desenvolvemento. Antes iso era algo moi marxinal, pero co Internet fíxose masivo. As compañías conseguen promoción dos seus produtos e ao tempo próbanos. Aleph é o alias dun probador de videoxogos que desenvolve a súa actividade desde o sur do noso país. Segundo explica, o traballo de proba varía moito segundo o xogo, a compañía e o estado de desenvolvemento do produto. Hai veces en que as betas están sen rematar e tes que ir vendo como evolúe a creación do xogo. Outras xa están pechadas e trátase máis de ver como funciona e ir solucionando os problemas que poidan xurdir. A maior parte da xente que fai beta testing son grandes afeccionados aos videoxogos. Hai que pensar que ao mellor hai que botar oito horas ao día diante dunha consola. Moitos fano só para coñecer o xogo antes que ninguén, e sobre todo nos que son multixogadores online, tipo World of Warcraft, porque iso lle dá despois vantaxes. Nalgúns casos, a xente estaba tola por ser beta tester e mesmo chegou a se comerciar coas contas, explica. No seu caso, pola contra, a aposta por esta actividade foi fundamentalmente laboral. Enviei currículos a varias compañías do sector dos xogos, e en case todas preguntaban se fora beta tester, así que probei, explica.
Como testar
Na maior parte dos casos, esta tarefa desenvólvena usuarios de todo o mundo para as grandes compañías, e habitualmente non reciben unha remuneración polas súas contribucións ao produto. Hai beta testers pagados que traballan nas propias centrais da compañía. A xente que traballa por aquí, nalgúns casos reciben merchandising e detalles polo estilo do xogo, e noutros casos a compañía non dá nin as grazas por xogar. Para optar a participar nesta actividade, o primeiro é localizar as demandas de betatesters, algo doado de facer por Internet, e a continuación contactar coa compañía. Normalmente piden uns requerimentos técnicos e ser maior de idade. Se che aceptan tes que asinar un acordo de confidencialidade polo que non podes revelar nada dos xogos que probas. Á contra do que poida parecer, unha maior experiencia con este entretemento non garante ser aceptado. Eu conseguín probar un dos xogos máis solicitados e penso que foi porque fun sincero e recoñecín que non tiña moita idea de como funcionara e que nunca probara un xogo dese tipo, explica. Polo momento, continúa a desenvolver esta actividade, e sinala que semella que á xente de Goa, a sección de xogos de France Telecom, lles interesou a miña contribución e convidáronme a participar na seguinte fase dunha proba. Estou tamén pendente de que me contesten tamén sobre unha entrevista de traballo, completa.
¿Videoxogos galegos?
De cara ao futuro deste sector, Grandío sinala que o país, para alén de xogadores, conta cun grande potencial para o desenvolvemento de videoxogos. Hai xa algún estudo que fai xogos para plataformas pequenas, cada vez hai máis empresas de informática que se instalan aquí para desenvolver proxectos, e temos dúas facultades de Informática que aínda que non posúen o recoñecemento doutras, teñen un nivel moi alto e tiran xente moi preparada, explica o director de Vandal. Tamén está Dygra, que amosou o que poden facer en animación 3D e pode estender esa actividade aos xogos. Ademais cada ano faise na Coruña o encontro Mundos Dixitais, que nos últimos anos achegou xente moi importantes neste mundo. En xeral hai un clima que pode incidir en que se desenvolvan proxectos deste tipo.