O Culturgal presenta a súa edición máis lusófona

O Foro Creativa e noites temáticas dedicadas a Portugal e a Brasil marcan a convocatoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Cos nomes de Galicia.br e Galicia.pt, a nova edición de Culturgal presenta dúas noites temáticas dedicadas aos principais países da Lusofonía. Actuacións de Érika Machado, Kiko Klaus e Carlos Blanco o día 26 e de Deolinda e Budiño o 27, canda á celebración do Foro Creativa, dedicado ao encontro entre industrias culturais das dúas bandas do Miño, marcan a edición máis lusófona do evento. Canda a isto, a organización prepara un programa no que o teatro cobra unha especial relevancia. Actuacións musicais, un espazo para as novas tecnoloxías ou zonas para os máis cativos completan un evento no que está prevista a presenza de preto de medio cento de expositores das diferentes industrias culturais galegas.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Brasil, Portugal, Budiño...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos