Os círculos líticos espertaron sempre moita polémica en Galicia entre os partidarios da súa orixe megalítica e cerimonial, en paralelo ao que acontece noutros países da Europa Atlántica, ou unha orixe posterior, medieval ou incluso máis recente, vinculada a usos gandeiros. Un equipo de investigación acometeu nestes quince días a prospección do segundo cromlech que se escava en Galicia, no Monte de Lobeira, en Vilanova de Arousa. Un dos obxectivos era comprobar a relación entre o círculo e as dúas mámoas próximas a el. E xa teñen os primeiros resultados provisionais.
Ao redor do 2006, durante a construción da autovía Ferrol-Vilalba, o concello das Pontes viviu unha agria polémica. A obra de construción pasaría por riba dun dos dous círculos líticos que o arqueólogo Federico Maciñeira localizara nos montes da Mourela nas primeiras décadas do século. As escavacións arqueolóxicas de urxencia levadas a cabo no círculo lítico revelaron que o famoso cromlech non era un monumento megalítico, contemporáneo dos túmulos neolíticos proximos, senón un curro para gardar o gando de época medieval, cunha cabana anexa. Os últimos responsables da escavación publicaron no 2009 unha memoria de título sintomático: titulada Círculo de engaños: excavación del cromlech de A Mourela. O sitio arqueolóxico das Pontes era moi posterior aos míticos cromlechs e monumentos megalíticos que todos temos na cabeza, como Stonehenge ou Carnac.
Un equipo de arqueólogos do Laboratorio de Patrimonio do CSIC dirixidos por Elías López-Romero, apoiados pola propietaria dos terreos, a Comunidade de Montes de András, está a rematar a escavación doutro dos círculos líticos de sobranceira tradición en Galicia, xa mencionado no seu momento por Manuel Murguía e acochado baixo a vexetación durante décadas: o cromlech do monte Lobeira, situado nun chan por baixo do cumio do monte, onde existiu un famoso castelo medieval. Foi un incendio de 2006 o que puxo o círculo lítico de novo á vista e amosou a aparente e curiosa relación entre este círculo lítico e dúas mámoas coas que parecía estar aliñado.
¿Tería relación este círculo lítico cos túmulos? ¿Sería o cromlech de Lobeira realmente un monumento prehistórico? Os arqueólogos empregaron tecnoloxías de última xeración para explorar o círculo. Hai meses, cun escáner 3D ergueron unha representación 3D do elemento. E ao inicio desta campaña de escavación aplicaron un gradiómetro de protóns, un dispositivo que permite escanear a terra e ver o que hai embaixo; o gradiómetro localizou a posible coraza de pedras debaixo do túmulo, que o protexe, e entre o túmulo e a mámoa apareceu unha anomalía, algo que podería ser un camiño ou unha zanza, sinalou Elías López-Romero.
A escavación concentrouse na área de proximidade entre o túmulo e a mámoa. A sondaxe revelou a existencia dun camiño entre o túmulo e a mámoa, así como a presenza de numerosas pedras de seixo, posiblemente procedentes da mámoa, xa que sabemos que para os seus construtores o seixo tiña un valor especial , sinala o director da escavación, pero poucos materiais máis. O camiño escavado parecía estar vinculado ao uso agropecuario dese espazo do monte. O círculo, indica Elías, parece estar situado nun nivel superior ao das mámoas, aparentemente bastante máis recente, medieval ou mesmo moderno.
Á espera dos resultados das análises dos materiais recollidos, todo parece indicar que o cromlech de Lobeira non é un monumento prehistórico, aínda que a súa funcionalidade e época non están aínda claras. A construción de cromlechs na prehistoria galega continúa sen poder demostrarse. E aínda que soe pouco emocionante, esta conclusión tamén é importante desde o punto de vista científico.