Faleceu Herminio Barreiro, renovador pedagóxico e membro de Brais Pinto

As súas cinzas espallaranse hoxe nun acto civil

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:
Faleceu Herminio Barreiro, renovador pedagóxico e membro de Brais Pinto

Foi un dos principais promotores da renovación pedagóxica en Galicia nos anos setenta desde o grupo Brais Pinto. O pasado sábado falecía en Compostela aos 73 anos de idade logo dunha longa enfermidade. Barreiro, Profesor Emérito da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, publicara o pasado ano as súas memorias co título de Recordar doe. As súas cinzas espallaranse hoxe na aldea de Sisán, en Sanxenxo, de onde era orixinario. O acto civil contará coa presenza de Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Faleceu Manolo Soto

Activista cultural e político fora un dos pais do Festival de Poesía do Condado

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Méndez Ferrín, Educación, Sanxenxo, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Conceptos