Continúan a chegar novas de bens culturais galegos que terán novos fondos dos orzamentos xerais do Estado. Deste xeito, o mosteiro de San Rosendo, en Celanova recibirá 94.000 euros para reparar a torre do reloxo. Pola súa banda, o Pazo da Marquesa, en San Sadurdiño, contará con 500.000 euros para obras de reparación, tamén a cargo do 1% cultural do Ministerios de Fomento. En Muros será o Ministerio de Cultura o que achegará 500.000 para a rehabilitación do antigo cine ParÃs con vistas a convertelo nun auditorio. O mesmo departamento financiará o amaño das cubertas do Pazo de Goiáns con outro medio millón.
Canda a estas obras, concretouse a contÃa que achegará Fomento para as anunciadas reparacións na Catedral de Lugo, de novo a cargo do 1% cultural, que suman 855.000 euros. Ademais, este departamento anunciou que tamén financiará melloras na accesibilidade e o contorno do Mosteiro de Poio con 614.202 euros sobre o total de 944.926 previsto. Pola súa banda, no Mosteiro de San Julián de Samos faranse obras de rehabilitación na cuberta da igrexa por un montante de 245.005 dos 326.674 que custarán as obras.
Pola súa banda, segundo anunciou recentemente, o Ministerio financiará unha actuación arqueolóxica no Castro de Elviña por 1,2 millóns de euros repartidos entre este ano e o vindeiro, e mantén os investimentos previstos na intervención nas Torres de Oeste (Catoira), que recibirán 1,3 millóns ata 2013 e na recuperación do Pazo de Liñares, que conta cun orzamento de 2.4 millóns repatidos ata 2012.